quarta-feira, 10 de outubro de 2012

Estatutos pendentes de aprobación na Asemblea Xeral - Revisión 04.09.2012


Na xuntanza de constitución do Consello Reitor Provisional, celebrada, en Ferrol, o pasado 4 de Setembro de 2012, acordou-se enviar o anteproxecto de Estatutos a todas as persoas asociadas para a súa revisión, tanto gramatical como para propoñer as modificacións ou consideracións oportunas. Tendo en conta que estes estatutos que imos legalizar contemplan moitos aspectos que podemos considerar innecesarios ou moi burocratizados ou con moitos tecnicismos, mais que a normativa vixente sobre cooperativas obríganos a contemplar así. Despois temos a oportunidade de facer un regulamento de réxime interno máis real co que pretende ser Arméria.

Enlace onde está o texto da última revisión dos Estatutos pendentes de aprobación na Asemblea Xeral que se convoque:

Estatutos de Arméria Sociedade Cooperativa Galega.

  Importante anotación posterior 

O Consello Reitor Provisional acordou un proceso de revisión dos Estatutos antes de leva-los a Asemblea Xeral, constituindo unha comisión delegada do mesmo, composta por Xoán Carlos Berrocal Regueira, Carlos Vidal Ojea e Chema Hernández Roca, para a posta en común de todas as propostas de modificación e para facer unha revisión final antes da Asemblea Xeral do 27 de Outubro de 2012 que se vai celebrar en Ferrol, no local social da SCRD “Galicia de Caranza”, sito na Avenida Castelao nº 3 Baixo.

Estes son os Estatutos testados e definitivos que elaborou a comisión delegada do Consello Reitor provisional de Arméria:

Estatutos de Arméria Sociedade Cooperativa Galega (DEFINITIVOS)


|||||||||||||||||